martes, 3 de abril de 2018

LAPBOOK "Profesións"

Aquí tedes o traballo de 5º para coñecer en profundidade as profesións, no noso caso, e continuando coa nosa elección de Entroido, buscamos información sobre a profesión de CAMAREIRO/A.


Visita de 5ºA á Biblioteca JUAN COMPAÑEL

Ola a todos e a todas!

Aquí vos deixamos un recordo da nosa saída á biblioteca Juan Compañel de Vigo, onde descubrimos a gran diversidade de actividades e servizos que temos á nosa disposición.

Tivemos así mesmo a oportunidade de contemplar libros noutros idiomas como o chinés, o ruso, o xaponés... incluso en braille!

Tamén coñecemos o funcionamento da biblioteca e levamos a cabo unha busca do tesouro resolvendo pistas que atopabamos entre os milleiros de libros da sección infantil.

Mirade, mirade...









VIsita á Axencia Estatal de Administración Tributaria

Como parte da sociedade, visitamos a Axencia Tributaria de VIgo para coñecer un pouquiño máis a fondo a que se destinan os nosos impostos dunha maneira lúdica e dinámica.
Foi unha visita do máis entretida! Incluso recibimos un diploma e algún agasallo máis...
Moito aprendemos!





Visita da Policía. PREVENCIÓN VIOLENCIA DE XÉNERO

Boas tardes!

Esta vez contamos coa visita da Policía para falar e concienciarnos sobre a existencia da violencia de xénero e a importancia da súa prevención.

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades o interesante que foi!